RIBEIRA> A praia de Coroso converteuse no escenario dun simulacro de rescate organizado polo servizo de salvamento do municipio.
{flowplayer}barbanza/simulacrocoroso.flv{/flowplayer}
Os bañistas que se atopaban na praia de Coroso convertéronse en espectadores de excepción do simulacro de salvamento organizado pola empresa que coordina o servizo de socorrismo no municipio.
Como se dun xigantesco plató ó aire libre se tratara, os membros dos distintos servizos de emerxencia escenificaron á perfección o exercicio de rescate, ó tempo que un narrador informaba ós asistentes sobre as distintas manobras.
Rescate
Todo comezaba pasada a unha da tarde, cando unha embarcación con seis tripulantes sufría un accidente. Tres da vítimas foron evacuadas ó momento e atendidas nun hospital de campaña montado na area. As outras tres permaneceron desaparecidas un bo rato ata que os socorristas puideron localizalas e prestarlle atención médica. A un deles, o máis grave foi preciso practicarlle a respiración cardiopulmonar ata que recuperou a consciencia.
O coordinador do servizo valorou positivamente o exercicio aínda que resaltou un par de puntos nos que a resposta non foi todo o eficaz que debera.
Agora toca revisar os fallos e perfeccionar o exercicio de cara a dar a mellor e máis rápida resposta no caso de vítimas reais.
Redacción Barbanza