Lousame despide ás dúas mozas turcas que participaron no programa de voluntariado europeo

LOUSAME> Lousame despediu cun emotivo acto ás voluntarias turcas que participaron ó longo dos últimos meses no programa de voluntariado europeo. Máis dun cento de persoas déronse cita na casa da cultura para homenaxear a Ezgi e Ülkü que regresarán ó seu país o próximo 13 de marzo.

Tras unha estadía moi enriquecedora chea de exeriencias inesquecibles pero tamén de momentos difíciles como o de vivir dende a distancia, o terremoto que devastou o seu país, Ezgi Alkaya e Úlkü Kosdas poñen fin á súa experiencia como voluntarias en Lousame.

No acto ó que asistiron máis dun cento de persoas, as dúas voluntarias recibiron o Youthpass, un documento que certifica a aprendizaxe adquirida ó longo dos dez últimos meses. Ademais de numerosos compañeiros e veciños, o acto contou coa asistencia da directora xeral de voluntariado da Xunta que a puxo a Lousame como referente do voluntariado en toda Galicia. As dúas mozas finalizan así unha estadía repleta de actividades en colaboración coa veciñanza.

A ultima foi precisamente unha andaina solidaria en beneficio dos damnificados polo terremoto en Siria e Turquía, país este último ó que retorrnarán o próximo luns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí