Outes destina o groso do POS á mellora de infraestruturas e servizos básicos no rural

OUTES> O concello de Outes aprobou por unanimidade os proxectos a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación. Ademais do 600 mil euros destinados a actuacións de mellora de servizos no rural, resérvase unha partida de 250 mil para gasto corrente.

A mellora da calidade de vida no rural, o mantemento das infraestruturas e a prestación de servizos básicos son os tres piares nos que se asentan os proxectos aprobados polo concello de Outes a financiar polo POS 2024 da Deputación da Coruña. O apartado de obras conta cunha partida próxima ós 600 mil euros, entre as que destacan as pavimentacións en varias vías e camiños.

Completan a lista de pavimentacións varios camiños en Catasueiro, Cando de Arriba e Lantarou. No que respecta a infraestruturas, acometerase tamén a renovación da rede de abastecemento e saneamento da avenida de Fisterra cun investimento de 125 mil euros.

Incidirase tamén na mellora de edificios públicos, co  acondicionamento do primeiro andar da antiga escola do Cruceiro de Roo para convertelo en espazo de usos múltiples. Na partida de 250 mil euros destinada a gasto corrente inclúense, entre outros, os gastos de mantemento da EDAR e de persoal da escola infantil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí