O Jaime Balmes acolle unha feira de artesanía solidaria

NOIA> O Portus Apostoli foi o tema central da Feira de Artesanía que celebrou esta mañá o Colexio Jaime Balmes. Nesta cuarta edición, a iniciativa tivo ademais un fin solidario. Tódolos fondos recadados irán destinados á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. Escolares de entre tres e dezaseis anos participaron nesta feira na que tiveron ocasión de amosar o traballo desenvolvido en distintos obradoiros ó longo do curso, coa temática central do Portus Apostoli como eixo. Xunto a eles, colaboraron artesáns da vila que amosaron o seu saber elaborando sidra artesanal ou cestos, así como o museo do Mar de Noia co que os pequenos aprenderon a compoñer  barcos con cunchas. Ademais de favorecer a convivencia e mellorar as experiencias de aprendizaxe dos cativos, esta feira tivo como fin último a recadación de fondos para ASGPOH.