As bandas locais de Ribeira ofrecerán quince concertos durante o verán

RIBEIRA> Este fin de semana arrancaba en Ribeira o ciclo ‘Rúas Musicais’. Trátase dun programa de concertos a cargo de bandas locais que actuarán ó longo de todo o verán tanto en Santa Uxía como no resto das parroquias do municipio.

O grupo Rockolas foi o encargado de inaugurar este domingo o cliclo de concertos R´ñuas Musicais promovido polo concello de Ribeira en colaboración con Musieventos. Quince concertos de bandas locais compoñen a programación musical para este verán que pretende non substituír pero si reformular algunhas das actividades lúdicas e citas festivas que tiveron que ser suspendidas pola pandemia.

Serán en espazos abertos e coincidindo co vermú ou a hora do terraceo para dinamizar tamén a hostalería.

A próxima cita será o próximo domingo día 19 en Aguiño coa actuación dos Milindros. Seguirán durante tódalas fins de semana e o datas festivas ó longo dos meses de agosto e setembro  ata o día 13 cando Thauis Suki pechará o ciclo en Ribeira. Pódese consultar toda a programación na web municipal www.ribeira.gal.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí