Primeiras vendimas na Denominación de Orixe Rías Baixas

    vendima copia.jpgSALNÉS> Na subzona do Rosal xa están recollendo os primeiros acios. No Salnés, o groso da colleita comezará a mediados da vindeira semana.

    {flowplayer}images/salnes/VENDIMA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Esta tarde entraban as primeiras caixas de uvas nas instalacións da adega Martín Códax, en Cambados. Proceden de viñedos cultivados por socios da subzona do Rosal. Pero tamén no Salnés comezaron hoxe a recoller aqueles acios máis maduros das tres parcelas que a cooperativa xestiona na comarca. Con eles elaborarán o pé de cuba, é dicir, o mosto de base para a fermentación. As boas condicións climáticas deste verán, con altas temperaturas e poucas precipitacións, favoreceron a rápida maduración dos froitos, aínda que o proceso non é homoxéneo en tódolos viñedos, polo que se agarda unha vendima máis escalonada que a pasada.

    A mediados de agosto Martín Códax comezou cos preparativos previos á vendima, acondicionando a zona de recepción de uva, instalando as cintas transportadoras e os depósitos nos que se almacenarán os froitos. Durante a colleita traballarán preto de cen persoas en adega e 35 nos viñedos.

    Os técnicos calculan que o groso da vendima no Salnés arrincará a mediados da vindeira semana. A predicción meteorolóxica indica que nos vindeiros días podería caer algunhas precipitacións, pero lonxe de supoñer unha ameaza, os expertos asegura que , se son pouco persistentes, axudarán a rehidratar as uvas e aumentar unha calidade que este ano se prevé moi elevada.

    Redacción Salnés