Unións Agrarias pide ós viticultores que vendan toda a súa producción

    xose_100.jpgO SALNÉS> O Sindicato Unións Agrarias ven de manifestar a súa inconformidade co aumento do 8.33 % do rendemento proposto polo…

    {flowplayer}images/salnes/uxt_por_vendima_06092010.flv{/flowplayer}

    … Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para a presente vendima. Segundo este colectivo, que representa ó 33 % do sector, as características da calidade da uva deste ano e as necesidades do mercado, arestora en auxe, xustifican o incremento do 25 % por cento que eles propoñían.

    Desde Unións Agrarias denuncian a posición das outras forzas sindicais: tanto Xóvenes Agricultores como Unións Agrarias votaron en contra deste rendemento proposto por eles no pleno do Consello Regulador. Para eles esta negativa no pleno vai a supoñer na práctica que unha chea de viticultores se queden no seu poder cun importante excedente de uva, namentres as necesidades das adegas non se quedan satisfeitas co antedito 8 % de rendemento. Ante esta situación, Xosé Ramón González fai unha chamada á desobediencia.

    Para protestar contra esta norma que eles entenden sen sentido veñen de convocar unha concentración para todo o sector que terá lugar o vindeiro xoves día 9, ás once da mañá, diante da sede do Consello Regulador, no Pazo de Mugartegui, en Pontevedra.

     Redacción Salnés