A POBRA> O concello da Pobra convoca un concurso de ideas para a realización dunha escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero.
Coa convocatoria deste concurso de ideas, o concello da Pobra quere dar cumprimento a un acordo plenario adoptado a principios de 2020 e que se viu retrasada pola irrupción da pandemia.
Agora, vén de convocar un concurso de ideas para a execución dun monumento que represente a loita contra a violencia de xénero e sirva como homenaxe ás vítimas.
Os interesados disporán dun prazo de 30 días despois da publicación da convocatoria no BIP. Cada artista poderá presentar dúas propostas achegando a memoria técnica. O xurado seleccionará un gañador tendo en conta non só a orixinalidade e calidade artística da obra senón tamén a perdurabilidade e o mantemento dos materiais, posto que se instalará nun espazo aberto, e a viabilidade da súa reprodución en formato monumental.
O concurso está dotado cun importe total de doce mil euros: tres mil como premio para a mellor idea e 9 mil para materializar a súa execución.