A POBRA> A Pobra recibirá este Nadal a visita do Apalpador e Santa Claus. A estas actividades súmanse outras propostas festivas como o tren de Nadal ou unha xornada de neve no Cantón da Leña.
Son moitas as propostas coas que contará A Pobra este Nadal cos cativos como principais protagonistas. A próxima fin de semana, o expreso de Nadal percorrerá as principais rúas do casco urbano con saída dende a praza Alcalde Segundo Durán.
Na fin de semana do 20 ó 22 de decembro chegarán as visitas tanto do Apalpador como de Santa Claus. A fin de semana chegará á súa fin cunha xornada de neve na Pobra. O domingo 22 instalaranse tres canóns de neve artificial no Cantón da Leña onde se desenvolverán obradoiros para nenos.
Tódalas actividades son de balde e non requiren inscrición previa.











