A organización do Torneo Concello de Rianxo-Escurís entregou 2.066 euros á Fundación Aladina

RIANXO> A cantidade recadada foi posible grazas á venda de rifas de lotes de regalos donados por diferentes casas comercias da comarca e tamén de camisetas asinadas por xogadores de Primeira e Segunda División.

Aínda que o Torneo este ano non chegou a celebrarse debido á crise da Covid-19, a organización do campionato de fútbol base para as categorías benxamín e alevín logrou recadar igualmente, a través da venda de rifas para o sorteo de lotes de regalos donadas por diferentes casas comerciais e empresas da comarca e camisetas  asinadas por futbolistas de equipos que militan en Primeira e Segunda División uns 2.066 euros. Unha cantidade que xa foi ingresada na conta da Fundación Aladina, que presta o seu apoio a nenos e mozos enfermos de cancro.

Dende a organización do Torneo cun marcado carácter solidario xa traballan na vindeira edición, coas dúbidas aínda do lugar no que vai a celebrarse. Todo apunta a que podería repetir Rianxo pola implicación do Concello, pero tamén dependerá en boa medida do número de empresas colaboradoras que decidan implicarse no proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí