Luz verde ó traslado do mercado ambulante de Boiro

BOIRO> A corporación municipal de Boiro deu o visto bo ó traslado do mercadiño que pasará a instalarse na avenida da Constitución. O goberno sacou adiante a súa proposta cos votos a favor de Velo e a abstención do resto da oposición.

O mercado ambulante de Boiro trasladarase novamente á avenida da Cosntitución. A corporación municipal dou o visto bo á reubicación da feira que dende a súa instalación na avenida de Avellaneda veu indo a menos, cunha notable redución do número de postos.

Aínda que os grupos da oposición amosaron o seu acordo co traslado do mercado, botan en  falla un maior consenso na alternativa elixida posto que non se convocou ós distintos grupos para consultar a medida.

A este respecto, o voceiro socialista indicou que se mantiveron contactos cos axentes implicados; tanto feirantes como comerciantes locais e a propia asociación de empresarios.

Ademais deste proposta, a corporación debateu a modificación da designación de representantes municipais nos centros educativos para facela máis equitativa ou a modificación da taxe de recollida de lixo entre outros puntos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí