BOIRO> Os xubilados de Boiro saíron á rúa para reclamar unha suba digna das pensións. Consideran ridículo o incremento do 0,25 que non incrementa en absoluto a súa capacidade adquisitiva. Principalmente pensionistas pero tamén cidadáns máis novos sumáronse á protesta en defensa das pensións do presente e do futuro e en contra dos numerosos recortes a nivel social. Esta foi a primeira mobilización convocada en Boiro que terá continuidade noutros puntos da comarca. Dende a CIG comprometéronse a prestar apoio e asesoramento ós manifestantes na súa xusta reclamación por unha pensión digna.
Inicio BARBANZA