Veciños da Amanecida piden que se complete a mellora na travesía

    beluso.jpgBOIRO> O presidente da Deputación da Coruña inaugurou as obras de mellora da travesía da Amanecida, na parroquia boirense de Bealo.

    {flowplayer}barbanza/inauguracionbeirarruasbeluso.flv{/flowplayer}

    Un numeroso grupo de veciños do lugar de Beluso agardaba no cruce de Beluso ó presidente da Deputación da Coruña para percorrer na súa compaña o treito obxecto da actuación, dando así por inaugurada a obra.

    A intensa calor que caía a mediodía non foi impedimento para que, encabezados polas autoridades locais, percorreran a pé o treito de quilómetro e medio da estrada provincial 1104 no que se acometeu a construción de beirarrúas, canalizacións e mellora do firme por un importe próximo ós trescentos mil euros.

    A maior parte dos residentes no lugar amosaron a súa satisfacción por ver rematada esta obra que dotará de maior seguiridade ós peóns que transiten polas marxes da estrada.

    ‘Insuficiente’

    Pola contra hai quen considera insuficiente a actuación posto que non se dotou de beirarrúas un pequeño treito nin se ampliou a estrada posto que resultaba afectada unha vivenda.

    Precisamente dende o concello lembraron a Fernández Moreda a necesidade de plantexar novamente a alternativa máis acaída para este treito de difícil solución.

    Tamén aproveitaron a presenza do presidente provincial para solicitarlle novas actuacións na parroquia tal e como as que se vana cometer nas travesías de Comoxo e Moimenta, actualmente en fase de redacción. Moreda comprometeuse a seguir priorizando inversións nesta parroquia onde os veciños sempre prestaron a súa colaboración cedendo parte dos seus terreos para mellorar as infraestruturas públicas.

    Redacción Barbanza