A mellor nota da ‘selectividade’ en Galicia é de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Lucía Chazo, unha moza de Vilagarcía, aínda non cre o que está vivindo: sacou a mellor nota de toda Galicia nas probas da ABAU, a antiga selectividade. En concreto sacou un 13,96 de 14. A vilagarciá agora prepárase para estudar Xornalismo en Santiago. O seu soño, traballar algún día para o Celta de Vigo. De momento, o equipo xa lle deu a súa propia camiseta.

Acada-la perfección non é doado, pero Lucía, unha moza de Vilagarcía estivo a piques de facelo. Sacou un 13,96 nas probas de selectividade. A nota máis alta de Galicia.

A rapaza sacou un 10 en tódalas probas da ABAU, agás en dous -filosofía e inglés- nos que sacou un 9,5. Lamenta o resultado no exame de inglés porque, polo que nos conta, é unha materia que lle gusta.

Logo do seu paso triunfal pola selectividade, estes días anda na procura de piso en Santiago. Marcha para alá estudar Xornalismo.

O que a ela lle gustaría é traballar no Celta, unha das súas grandes paixóns. O equipo convidouna á súa sede nunha recepción na que lle fixeron entrega da súa propia camisola.

Aínda con todo o seu futuro por escribir, recoñece estar vivindo unha situación insólita, convertida estes días nun fenómeno mediático pola súa xesta nas probas da ABAU.

De momento, a moza vive xa un merecido descanso, logo dun curso moi intenso. Di que estes meses vai ‘desconectar’ para arranca-la súa nova etapa na Universidade cos folgos renovados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí