O Xuventude xa ten sponsor: Aceites Martínez Garriga

plantilla_deportescambados.jpgCAMBADOS> Con este sponsor o equipo consegue sanear lixeiramente as súas contas e levar a cabo un proxecto deportivo, que continúa baseado na austeridade.

{flowplayer}images/salnes/JUVENTUD_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

Moi satisfeitos. Así definiu o presidente do Club Xuventude Cambados o convenio firmado coa empresa Aceites Martínez Garriga para a sponsorización do equipo. Ríchar Charlín, agradeceu o esforzo feito pola entidade, que ten domicilio en Jaén, polo esforzo económico que está a facer para un club, que o este ano xa tivo que reducir o seu orzamento ente un 10 e un 15% pola crise económica. O presidente do Xuventude Cambados, espera que esta inicitiva supoña unha chamada de atención para outras empresas que queiran axudar ó club.

Dende Aceites Martínez Garriga, mostraron o seu apoio ós xogadores, animándolles a gañala liga ou quedar entre os tres primeiros.

O domingo o Cambados estreará na casa, en Burgáns ante o Lalín, a nova equipación na que se poderá ver, cos mesmos colores que o club, o nome do novo sponsor.

Redacción Salnés