Varela planea abrir a fachada marítima de Vilagarcía ó desfrute público

    VILAGARCÍA> O Partido Socialista de Vilagarcía comezou hoxe a súa axenda cunha reunión coa executiva comarcal do sindicato UXT en Pontevedra e Arousa. Os plans do candidato á alcaldía en materia laboral centraron esta primeiro encontro electoral da semana logo de presentar esta fin de semana o seu proxecto para o peirao do Ramal. O PSOE de Vilagarcía pretende recuperar a fachada marítima da cidade e abrila ó desfrute público. Os plans do candidato á alcaldía, Alberto Varela, pasan por eliminar as naves que actualmente están fóra de uso, e gañar así 36.000 metros cadrados de espazo. Antes de acometer calquera movemento, o PSOE debería conseguir a autorización do Porto de Vilagarcía. Acadado ese acordo, e demolidas as naves, o espazo sobrante distribuiríase en catro zonas, dedicadas unha a habilitar un miradoiro ó mar, a parte central destinaríase a eventos culturais como concertos. Actos efémeros que comporten a instalacións de carpas ou equipos de son. O proxecto completaríase cun parque biosaudable, unha zona para o paseo de mascotas e a ampliación de espazos verdes a costa de reordenar os aparcamentos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/VARELARAMAL.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/PSOE_ACTUACIONS_RAMAL.mp4{/flowplayer}