A campaña de doazóns de verán solicita un apoio especial aos grupos 0+ e 0-

VILAGARCIA>  Vilagarcía vólcase coas doazóns de sangue e pon en marcha a campaña de Verán. Do día 8 ao 10  de agosto a unidade móbil de recollida estará na Alameda. A pesar de atoparse en bos niveis, dende a ADOS piden un esforzo aos grupos cero positivo e cero negativo.

A unidade móbil de recollida de sangue desprazarase a Vilagarcía dos días 8 ao 10 de agosto con motivo da campaña de verán de doazóns de sangue. Estará situada na Alameda o xoves e o venres, en horario de mañá e tarde, e sábado, unicamente de mañá. Dende axencia mostran a súa satisfacción pola solidariedade a hora de doar pero piden un esforzo aos grupos 0+ e 0-.

Poderán doar sangue as persoas comprendidas entre os 18 e os 65 anos con máis de 50 quilos de peso. Vilagarcía é, segundo Marisa López, un dos concellos que máis participa.

Dende o concello mostran a súa satisfacción por colaborar coa compaña e pola boa resposta da veciñanza.

Ademais desta campaña, a unidade móbil desprázase a Vilagarcía tódolos venres e sábados da segunda semana de cada mes.