![]()
VILALONGA> Un 0-4 no marcador deixa tocado ós de Gabi Leis. Os erros defensivos, foron un lastre para os celestes. O Vilalonga suma así, a súa segunda xornada consecutiva sen puntuar.
{flowplayer}images/salnes/FUTBOL_TERCEIRAok.flv{/flowplayer}
O Vilalonga só resistiu media hora ó Rácing de Ferrol, nun partido marcado polos erros defensivos locais, que condicionaron o envite dos ferroláns. Catro goles no marcados, deixaron ós celestes tocados e cun duro correctivo. O conxunto de Luisito chegou con forza e enganchado ó partido, imprimindo un alto ritmo de xogo e levando o peso do partido. Os locais lle deixaron xogar, e apostaron por saídas ó contragolpe para sorprender a un dos fortes da categoría.
A pesar de todo, a primeira ocasión de gol, non chegou ata o cuarto de hora. Mario Poratti, atopouse cun balón no borde da área. O seu disparo foi rexeitado pola defensa. A réplica local, chegou cun centro de Leo que despeixou a defensa, e posteriormente Miguel non chegou a un saque de esquina botado por Saúl. Os dous equipos buscaban a portería rival, pero o Rácing supo impoñer un ritmo de xogo maior, polo que a súa presión provocou a perda do balón en medio campo, Marcos Suárez recolleu o regalo, adentrouse ata a liña de fondo, e centrou para que Mauro Poratti adiantouse á defensa para batir a César.
Os locais puideron empatar nun erro defensivo visitante, pero Borja resbalou e Nano aproveitou para conducir o balón, pero Paco chegou a tempo para evitar calquera pase. E do que puido ser o empate, pasouse ó segundo tanto visitante. Un novo erro defensivo permitiu a Pablo Rey controlar un balón no medio campo, encarar a César e batirlle por debaixo, pegado ó poste.
O mellor do Vilalonga era que chegase o descanso para revisar os erros e buscar unha fórmula para frear ó Rácing. Pero nada máis lonxe da realidade. Os ferroláns, volveron dar un novo mazazo ó conxunto local. Rafa Mella, que acababa de entrar no campo, lograba poner o terceiro no electrónico. A partir de ahí, o Ráncing controlou o partido totalmente. No minuto oitenta e catro outra vez Mellla, volveu bater a César, que estivo máis so que nunca.
Os de Gabi Leis suman a súa segunda xornada consecutiva sen puntuar, racha que esperan inverter este mércores contra o Bergantiños.
Redacción Salnés







