Manuel deixa o Céltiga para reforzar a dianteira do Ribadumia

RIBADUMIA> Así o confirmou esta mañá o Ribadumia que contará cos servicios do dianteiro da Illa para a vindeira temporada. Segundo home de ataque que se lle vai ó Céltiga en apenas 24 horas.

Sigue a haber movementos no mercado de fichaxes. Hoxe pola mañá o Ribadumia confirmou a contratación para a vindeira temporada de Manuel, dianteiro procedente do Céltiga. Deste xeito Manuel cambia de aires e vaise á Senra despois de toda unha vida xogando na base e no primeiro equipo do Céltiga.

Por outra banda, o equipo da Illa anunciaba onte a fichaxe do defensa Óscar García, procedente do Cambados e formado no Arosa.

Este é o segundo reforzo que chega ó Salvador Otero despois do de Janeiro, se ben xa se confirmaron moitas baixas: a de Dario, as de Ero e Marcos que se van ó Portonovo, Victor ó Sanxenxo, Lino ó Cruceiro e Edu Veiga ó Pontellas.

Redacción Salnés