![]()
RIANXO> O accidente laboral producíase nas obras de construción do AVE, á altura do lugar de Rialiño, na parroquia rianxeira de Isorna.
{flowplayer}barbanza/accidenteave.flv{/flowplayer}
O accidente tiña lugar ó redor da unha e media desta pasada madrugada. A esa hora os equipos de emerxencias recibiron unha chamada na que se alertaba da caída dun vixilante de seguridade das obras do AVE. Nada máis ter coñecemento do acontecido o 112 desprazou á zona a diversos efectivos: 061, Garda Civil e Policía Local, así como tamén os bombeiros do parque comarcal, que se encargaron, con bastantes dificultades, do operativo de rescate.
O ferido, con iniciais D. T. S. e de 30 anos, foi trasladado ó Hospital Clínico de Santiago con politraumatismos, aínda que o seu estado non reviste gravidade.
Redacción Barbanza










