![]()
RIBEIRA > Un palangreiro de bandeira panameña afundiuse este sábado a sete millas e media ó oeste da Illa de Sálvora. Os tres tripulantes que viaxaban a bordo foron rescatados sans e salvos e desembarcados no porto de Ribeira pouco antes de que a embarcación se fose a pique.
Arredor da unha da tarde do sábado, a base de Salvamento Marítimo de Fisterra recibíu un sinal de auxilio procedente do buque ‘Iannis I’ indicando que a embarcación se afundía a sete millas e media ó oeste de Sálvora. Desde o centro de salvamento mobilizaron inmediatamente ó barco ‘Salvamar Regulus’ e ó helicóptero de rescate ‘Pesca I’, ademais de alertar ós buques que navegaban polas proximidades. A bordo viaxaban tres mariñeiros veciños da comarca do Barbanza, que foron rescatados por un barco oceanográfico que navegaba preto de onde tivo lugar o afundimento.
Ó parecer, segundo indicaron os mariñeiros rescatados, a vía de auga que provocu o afundimento puido producirse como consecuencia dun choque entre o buque e un contedor que vagaba no mar, xa que non é estrano que os mercantes que navegan pola ría perdan en ocasións parte da súa mercadoría por golpes de mar. Segundo os tripulantes, o buque dirixíase cara os asteleiros do Freixo para someterse a unha serie de reparacións despois de vir de Madagascar.
Redacción Barbanza










