Recoñecemento a Amicos pola súa colaboración en tarefas medioambientais

    RIBEIRA> A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, participou esta mañá en Ribeira na entrega dun diploma de recoñecemento á Asociación Amicos polas tarefas ambientais nas que colabora e pola defensa que fai do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. No acto destacou o papel que xoga a entidade, grazas a posta en marcha de actividades e tarefas que contribúen á protección, recuperación, fomento e difusión dos valores culturais e antropolóxicos dos espazos naturais, especialmente, da Illa de Sálvora.