Sanidade confirma sete positivos no abrocho do cámping de San Francisco

MUROS> As últimas probas PCR realizadas a un total de setenta persoas, usuarias e traballadores das instalacións, deron negativo.

Con certo alivio, despois dos nervios e a incertidume destes últimos días, Rosa a xerente das instalacións, trasladaba ós medios de comunicación que se agolpaban ás portas do cámping os resultados das PCR realizadas onte por Sanidade, tanto ós usuarios coma ós propios traballadores. Das 69 persoas analizadas, todas deron negativo por covid.

A alerta partira un día antes, o sábado, ó detectarse dous positivos en dúas persoas que estiveran aloxadas nas instalacións nos últimos días. Tratábase de dúas mulleres da mesma familia, veciñas da Coruña, que xa non se atopaban no cámping e que permanecían illadas no seu domicilio con síntomas leves. A partir da confirmación do seu positivo, as autoridades sanitarias activaron o protocolo de actuación, confirmándose un total de sete positivos.

Dende a dirección do cámping quixeron agradecer tamén o apoio e os ánimos recibidos estes días.

Sanidade continúa realizando controis e rastrexos para detectar a novos posibles contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí