CAMBADOS> A Xunta de Galicia investirá 1,3 millóns de euros na reforma da lonxa de Cambados e en diferentes melloras do Porto de Tragove. A intervención aumentará en 260 metros a superficie da lonxa e permitira readaptala para diferentes usos, como por exemplo separar as zonas de poxa de peixe e marisco. A previsión é que as obras comecen a principio do 2024 cun prazo de execución de 10 meses.
A lonxa de Cambados verase renovada por completo. A xunta de Galicia presenta un proxecto de mellora da instalación no que investirá 1 millón de euros. A intervención permitirá ampliar a superficie da lonxa en 260 metros e redistribuír os seus espazos.
O proxecto de reforma da lonxa non virá só, a xunta tamén investirá 300 mil euros en diferentes melloras no porto de Tragove e outras zonas costeiras de Cambados.
As obras permitirán mellorar o traballo e a comodidade dos mariñeiros e pescantinas de Cambados. O aumentar o espazo, as poxas de peixe e marisco irán separadas.
O proxecto está pendente do informe municipal. Dende o concello axilizarán os trámites para facilitar que a obra poida comezar o antes posible.
A previsión é que as obras se liciten ao longo de este ano. Os traballos comezarán no 2024 cun prazo de execución de 10 meses.