RIANXO> O suceso producíase no lugar de Outeiro na parroquia de Araño esta mesma tarde ó redor das cinco e media.
{flowplayer}barbanza/accidenteouteiro.flv{/flowplayer}
Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos de Tráfico, Garda Civil, 061 e bombeiros do parque comarcal de Boiro que se encargaron de proceder á excarceración do condutor do vehículo, xa que quedou atrapado no interior do mesmo
Dificultades no rescate
A pesar da aparatosidade do accidente e ás dificultades que tiveron os equipos de emerxencias para realizar o rescate, o condutor do vehículo que se dedicaba á recollida de chatarra, Plasca Cornel Alín, de aproximadamente trinta anos, de orixe romanesa, aínda que con residencia actual na localidade portuguesa de Braga, non resultou ferido de gravidade.
Helicóptero
Nun primeiro momento o 112 mobilizou ó helicóptero de emerxencias para que participase no rescate, aínda que finalmente non chegou a ser necesaria a súa presenza, xa que o estado do ferido non era grave, polo que foi evacuado en ambiulancia ata o Clínico de Santiago.
Redacción Barbanza