Os ‘establecementos sanitarios’, unha das excepcións á retirada da máscara en interiores

PONTEVEDRA/VILAGARCÍA> A máscara deixa de ser obrigatoria nos interiores dende hoxe de xeito xeralizado pero a norma contempla varias excepcións. Haberá que seguir levándoa no transporte público e nos centros sanitarios. Non só en hospitais, centros de saúde ou residencias, tamén seguirá a ser obrigatoria establecementos como farmacias, ortopedias e ópticas.

Este mediodía, José Luis Paz poñía no escaparate da súa ortopedia Val do Lérez o cartel que explica que a máscara segue a ser obrigatoria no establecemento.

Dende hoxe xa non temos que poñer a máscara para entrar nos locais pero hai excepcións. É o caso do transporte público e dos centros e establecementos sanitarios. Un epígrafe que non só fai referencia aos hospitais, centros de saúde ou residencias.

Neste Multiópticas da rúa Michelena en Pontevedra practicamente toda a clientela tiña claro que o tapabocas segue a ser de uso obrigado.

As farmacias, como establecementos sanitarios, figuran tamén na listaxe de excepcións. Unha decisión que nesta do centro de Vilagarcía, comparten.

E é que no que todos os profesionais coinciden é en que o mellor é optar pola prudencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí