
{flowplayer}images/salnes/TOTAL_COLAS_POLEMICA_PORTO.flv{/flowplayer}
Ante a polémica dos últimos días en torno á ubicación do Porto Deportivo en O Grove polo que se desatou o malestar entre un grupo de mariñeiros do municipio continúa.
Pola súa parte, o alcalde do municipio, José Antonio Cacabelos, afirmou esta mañá que está moi sorprendido por esta actitude e volveu a insistir en que a localidade precisa e quere unha infraestructura destas características.
A ubicación inicial que estaba estudiada para este Porto Deportivo é onde está o actual porto pesqueiro, o que implicaría o traslado deste. Isto é ó que moitos mariñeiros non están dispostos.
Pola contra, o alcalde de O Grove confesou que a confraría defendía este actuación desde o inicio e que o decidiron en Asemblea, acto que negan os que se opoñen ó proxecto. Malestar ó que contribuíu as indecisión de Portos de Galicia xa que esta ubicación era definitiva pero agora, din, hai que estudialo.
Cacabelos lamenta esta situación xa que o único que xera é que se atrase aínda máis o proceso, e xa levan ano e medio agardando. Ante esta situación, o alcalde agarda poder reunirse con todos os implicados na maior brevidade posible para solucionar o que cualifica de malentendido.
Redacción Salnés