A CIG mobilízase en Vilagarcía e no Grove por un convenio xusto para a conserva

VILAGARCIA> O sindicato da CIG mobilízase en Vilagarcía e no Grove reclamando un novo convenio para o sector da conserveira. O sindicato escolleu estas dúas localizacións porque nelas atópanse as factorías dos empresarios que están representando á patronal. Mantéñense nas súas reivindicacións de xornada xusta, salarios dignos e igualdade  entre homes e mulleres.

As reunións entre a patronal e os sindicatos polo novo convenio do sector da conserva continúa bloqueado. Ante a falta de acordos, a CIG continúa coas súas mobilizacións. No día de hoxe, o sindicato manifestouse diante das fábricas dos empresarios que está representando á patronal. As mobilizacións tiveron lugar tanto en Vilagarcía como no Grove.

En canto o incremento salarial, a CIG pide que o aumento sexa por riba do IPC.

Nas negociacións, a patronal cedeu un pouco nas súas prestacións, pasando duns incrementos salariais dun 0,25% a un 1,75%. Un aumento que dende a CIG consideran que está moi lonxe do incremento necesario.

Tamén en materia de igualdade, a patronal propuxo algunha mellora.

A vindeira reunión terá lugar en Madrid os días 30 de novembro e 1 de decembro. Punto de encontro que critican dende a CIG ao estar o 80% da produción e dos traballadores en Galicia. Dende o sindicato agardarán ao que aconteza nesa reunión e no cano de non chegar a acordos non descartan a folga, segundo explican, por un salario digo, unha xornada xusta e a igualdade entre homes e mulleres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí