As colareiras increpan ós concelleiros e esixen dimisións

    pleno_grove100.jpgO GROVE> O Pleno estivo marcado pola tensión. A corporación municipal aprobou, por unanimidade, o documento que regulará a súa actividade.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_GROVE.flv{/flowplayer}

    Non hai marcha atrás. O pleno aprobou por unanimidade o documento que vai regular a actividade das colareiras a partir de agora. Estas vendedoras mostraron a súa oposición a este texto, que consideran que o ente local aprobou sen ter en conta a súa opinión e as súas alegacións. Sen embargo, a corporación municipal ó completo, manifestou que este regulamento é necesario para dignificar esta profesión tan antiga.

    Unha vez se procedeu á aprobación do documento, as colareiras abandonaron o salón de plenos protestando.

    Pero non se foron moi lonxe. Esperaron ás portas da casa consistorial, a que saíran os políticos. Increparon a tódolos edís do PP, ós que pediron a súa dimisión. Ö igual que fixeron coa nacionalista Vitoria Canoura responsable de comercio, e que iniciou a redacción deste regulamento. O alcalde, José Antonio Cacabelos, saíu escoltado pola Policía Local. Pese ós intentos das forzas de seguridade por sacalo do lugar, Cacabelos achegouse ás mulleres para pedirlles tranquilidade.

    Outro dos temas que se levou a pleno, foi a construción do Centro Comercial en San Miguel de Deiro. Todos os grupos políticos, a excepción do PP, apoiaron a petición do Consorcio do Comercio do Salnés.

    Redacción Salnés