Lage Tuñas advirte que os recortes fan perigar a calidade do ensino

    lageeducacion.jpgA POBRA> Puxo como exemplo a situación que se vive na Pobra, onde non se atende as reivindicacións da comunidade educativa.

    A través dunha proposición non de lei presentada no Parlamento o deputado socialista Xosé Manuel Lage reclámalle á consellería de Educación que dunha vez por todas dea solución ós problemas detectados no inicio do actual curso escolar no concello da Pobra do Caramiñal.

    {flowplayer}barbanza/lageeducacion.flv{/flowplayer}

    En concreto Lage faise eco da supresión dunha praza de especialista de Audición e Linguaxe no colexio Pilar Maestú Sierra e as escolas unitarias da Ribeiriña, Angustia, a Granxa e Vilariño, así como tamén serias deficiencias relacionadas co transporte escolar derivadas do rexeitamento da implantación da xornada única como pretendía a comunidade educativa deste centro.

    Fracaso programa Abalar

    Toda unha serie de problemas que segundo el non veñen máis que a amosar o interese do executivo autonómico por desmantelar o actual sistema educativo. Ademais do recurte no profesorado, o deputado socialista denunciou tamén o incumprimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, o fracaso do programa Abalar, a existencia de graves deficiencias nas infraestruturas dos centros educativos e a máis que discutible planificación dos centros plurilingues na que a comarca do Barbanza volve quedar esquecida.

    Redacción Barbanza