CAMBADOS> Novo peche da plataforma pola sanidade pública do Salnés. Hoxe foi Cambados o escenario da protesta do colectivo, a penúltima que tiñan prevista no seu calendario de mobilizacións. Mañá está previsto que o Parlamento de Galicia dea luz verde á polémica modificación da Lei de Saúde, facendo valer a maioría absoluta do Partido Popular.
Cambados acolleu hoxe o penúltimo peche da Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés. Dende o salón de plenos, informaron aos veciños das consecuencias que, aseguran, traerá a modificación da norma que converterá á área sanitaria do Salnés nun distrito.
Mañá está previsto que o Parlamento aprobe este cambio, facendo valer a maioría absoluta do Partido Popular. Xa dende antes, a Xunta está a repartir panfletos sobre a reforma, algo que criticaron dende a plataforma. Tamén a contratación de sacerdotes para a sanidade pública.
Ás 12 do mediodía concentráronse ás portas do concello. Alí contaron coa presenza dos catro voceiros dos partidos que conforman o goberno cambadés.
Mañá a Plataforma ten previsto o último peche no concello de Vilagarcía.