O IES Leliadoura mobilízase para reclamar a fibra óptica

    RIBEIRA> Mestres e alumnos do IES Leliadoura concentráronse ás portas do centro para reclamar a dotación de fibra óptica. Denuncian os problemas que conleva a actual conexión por radioenlace, con frecuentes caídas da rede. Tal e como advertirá, a comunidade educativa do IES Leliadoura de Ribeira iniciou as mobilizacións. Facíano con esta concentración ás portas do instituto na que esixen unha conexión a internet de calidade nun centro onde os equipos informáticos teñen especial protagonismo polos ciclos que oferta. Na súa loita por conseguir a implantación de fibra óptica, nun momento no que se está a instalar esta tecnoloxía nas inmediacións do centro, contan co apoio do concello que lles autorizou o uso da súa infraestrutura para facilitar a actuación. Sen embargo, dende a dirección do centro denuncian que a Xunta segue sen concretar a súa resposta. Pola súa banda, dende a Xunta indican que o ano pasado xa se realizaron actuacións para mellorar a velocidade de conexión no centro. E que para este exercicio si se incluirá ó Leliadoura no programa Escolas Conectadas de Red.es. Malia que confirman que o operador adxudicatario activará novas conexión en tódolos centros incluídos nesta iniciativa, para dotalos dunha velocidade superior ós cen Mb, non concretan a tecnoloxía que se empregará en cada un dos casos.

    Comments are closed.