O PP da Pobra critica o retraso no pago das nóminas ós funcionarios

POBRA> O PP da Pobra critica a irresponsabilidade do goberno municipal ante o retraso do pago das nóminas dos funcionarios. Ademais da deficiente xestión administrativa, os populares denuncian a falla de transparencia do executivo por non ter informado ós traballadores da demora e das súas causas.

O motivo do impago non é económico senón administrativo. Débese a que o interventor, encargado de elaborar as nóminas, está de baixa. Neste sentido, os populares critican que o goberno non teña buscado unha alternativa a tempo.

Critican ademais a desinformación e a falla de delicadeza por non ter comunicado ós traballadores que ían cobrar máis tarde do habitual. 

O alcalde da Pobra informou de que xa se procedeu ó ingreso das nóminas durante esta mañá. Xosé Lois Piñeiro explicou que non se informou ós funcionarios porque se tentou ata último momento que o pago se puidese efectuar o venres. Entende o malestar dos traballadores pero atribúe a demora a unha serie de circunstancias administrativas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí