RIBEIRA > Representantes da vida política e social da comarca do Barbanza asistiron este venres ó acto de presentación da Langosteira, a embarcación de salvamento e rescate da Cruz Vermella de Ribeira, que lle vén de ser entregada á entidade despois da súa reparación. A Dirección Xeral da Mariña Mercante asumiu o custe total da reparación da embarcación que ascendeu a uns 60 mil euros.
Varios alcaldes da comarca, entre eles o de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, e Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, así como varios Patróns Maiores e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e de distintas entidades, participaron no acto organizado pola Cruz Vermella e que se desenvolveu na Club Náutico de Ribeira co fin da entrega da Langosteira, a embarcación de salvamento e rescate desta entidade, que lle vén de ser entregada á entidade despois da súa reparación que consistiu basicamente nunha mellora do seu equipamento e a instalación de dous novos motores.
O custe da mellora da Langosteira ascendeu a uns 60 mil euros que foron aboados na súa totalidade pola Dirección Xeral da Mariña Mercante.
O presidente da Cruz Vermella de Ribeira, Manuel Cartea, aproveitou o acto para facer un resumo das accións que desenvolve a entidade na actualidade como é o caso da loita contra a pobreza e a exclusión, a rede de apoio ó inmigrante ou o programa de intervención social.
Manuel Cartea falou tamén das intervención en socorros e emerxencias nas que participará a partir de agora a embarcación.
No acto tamén estivo presente o alcalde, Xosé Luís Torres Colomer, destacou a labor que vén realizando a Cruz Vermella en temas relacionados co salvamento e a seguridade marítima, polo que amosou a súa satisfaccon porque a Langosteira volva a funcionar despois de case oito meses parada.
Redacción Barbanza