Boiro reforza os servizos sociais cunha achega provincial de máis de 100 mil euros

BOIRO> O concello de Boiro destinou máis de 100 mil euros do Plan Único da Deputación a investimentos sociais. Ademais de facer fronte a gastos de emerxencia como o pago de alugueiros ou recibos, procedeuse á contratación dun equipo de psicólogos e reforzouse o programa de coidado a dependentes.

O concello de Boiro segue a reforzar os servizos sociais tanto a través de fondos propios como con partidas procedentes doutras administracións. O POS social de Deputación da Coruña supuxo unha inxección de máis de 111 mil euros que permitiron a contratación de persoal técnico, pagos de emerxencia a familias vulnerables e a posta en marcha dun servizo de atención psicolóxica.

Destacan tamén as axudas á conciliación para familias con persoas en situación de dependencia como o programa de axudas de Respiro Familiar cunha partida de 12 mil euiros ou  a compra de cinco grúas para o servizo de axuda no fogar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí