Morren varios cans en Cambados por cebos de carne envelenados

    CANCEIRA_CAMBADOScopy.jpgCAMBADOS> As clínicas veterinarias levan recibindo cans envelenados desde fai tres semanas. A canceira de Cambados xa puxo a denuncia ante o Seprona.

    {flowplayer}images/salnes/ENVELENAMENTO_CANS.flv{/flowplayer}

    A protectora tivo coñecemento onte desta situación que se está a detectar na zona de András cara o Monte Lobeira, no concello de Vilanova, e nos arredores de Vilariño, en Cambados, pero as clínicas veterinarias levan atendendo cans envelenados desta fai tres semanas.

    Por iso, a responsable do refuxio advirte tanto a particulares como a cazadores que se aproximen por estas zonas extremen as precaucións.

    Olga Costa xa puxo onte a correspondente denuncia ante o Seprona os cales se comprometeron a investigalo caso. E lembra que esta práctica só provoca que os cans teñan unha morte moi dolorosa.

    Por iso, pide a todo aquel que teña algunha sospeita ou que vira algo se poña en contacto con eles ou o denuncia ante a Policía Local da súa localidade.

    Redacción Salnés