O renovado aparcadoiro do Bao estará rematado en xullo e ofrecerá 875 prazas

A ILLA> A Illa pon a punto o aparcadoiro disuasorio do Bao. O espazo está a ser renovado co obxectivo de dar capacidade a 875 vehículos. Ademais, co obxectivo de reduci-lo impacto visual e crear zonas de sombra, farase unha plantación de 150 árbores. O proxecto ten un custo duns 800.000 euros, financiado en boa parte polo Goberno Central. Contempla tamén a creación dun novo treito de carril bici.

Dentro do Plan ‘Move A Illa’, inclúese a posta a punto deste aparcadoiro disuasorio da praia do Bao, xusto ao carón do único acceso por terra ao municipio.

A mellora contempla a creación de 875 prazas, sobre un xabre compactado e á sombra de 150 árbores.  Esta mañá, o alcalde insular guiou pola zona ao Delegado do Goberno en Galicia, xa que a actuación finánciase nun 70% por fondos estatais. En total, ascende a 800.000 euros.

O proxecto inclú tamén no seu orzamento un novo treito de carril bici. O delegado fala da Illa como un exemplo a seguir.

A posta a punto deste aparcadoiro rematará a máis tardar a comezos do mes que vén. Despois, o goberno local quere instalar aquí un posto de bicis de aluguer. O obxectivo está claro: gozar da Illa deixando a menor pegada posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí