Rescate dun pesqueiro incendiado e dun mergullador no Grove

    2

    SALVAMENTOMARITIMO copia.jpg O GROVE> Foron dous dos exercicios de adestramento realizados polos membros de Salvamento Marítimo e Asoar Armega.

    {flowplayer}images/salnes/SIMULACRO_GROVE.flv{/flowplayer}

    Foron dous dos exercicios realizados polos membros de Salvamento Marítimo e Asoar Armega para adestrarse ante accidentes reais en circunstancias similares. Tripulantes de embarcacións pesqueiras asociadas no colectivo de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar Armega) e os equipos de Salvamento Marítimo, traballaron conxuntamente para levar a cabo tres simulacros de accidentes mariños no porto do Grove. Trátase dun adestramento para mellorar a colaboración entre estas dúas entidades e valorar a capacidade de resposta ante situacións similares que se dean na vida real.

    En total realizáronse tres exercicios. No primeiro simulouse un incendio a bordo dunha embarcación da que os tripulantes se vían obrigados a fuxir ante a imposibilidade de apagar as lapas. Despois de alertar ó patrón do barco e a Salvamento Marítimo, os ocupantes do pesqueiro puxeron os chalecos salvavidas e saltaron ó mar nunha balsa. Ó momento, o ‘Salvamar Mirach’, a embarcación de Salvamento Marítimo, chegaba para auxilialos.

    O segundo simulacro consistiu no rescate dun mergullador que supostamente sufriu un problema físico e tivo que ser asistido polos seus propios compañeiros seguindo as indicacións dun médico a través de VHF.

    A última das intervencións requeriu a presenxa do ‘Helimer 215’, o helicóptero de Salvamento Marítimo. Sen dúbida o exercicio que maior expectación causou entre o público que se achegou ó porto do Grove. Nesta ocasión rescatouse ós tripulantes dun pesqueiro que tiveran que botarse ó mar despois de que o barco no que viaxaban sufrise unha vía de auga.

    O simulacro chamou a atención dun bo número de veciños que se concentraron no recinto portuario para seguir os exercicios. Xunto a eles, numerosas autoridades, como o scretario xeral de Transportes do Ministerio de Fomento, José Luis Cachafeiro ou o delegado do goberno en Galicia, Miguel Cortizo, así como representantes da corporación municipal.

    Redacción Salnés

    COMPARTIR