Volve a obra coa que Esperanza Salnés gañou o certame da DXT.

    fotoesperanzacopia.jpg CAMBADOS> A Asociación Esperanza Salnés volverá a representar o vindeiro 22 de decembro a obra sobre seguridade vial coa que gañaron o primeiro premio nacional.

    {flowplayer}images/salnes/EsperanzaSalnes.flv{/flowplayer}

    Esperanza Salnés é unha asociación que se adica a rapaces con discapacidades físicas e psíquicas. Coa posta en escea desta obra de teatro gañaron o primeiro premio no certamen nacional sobre seguridade vial que organiza a DXT. Un feito que destaca sobre todo tendo en conta que competían con obras que contaban cun orzamento moito maior que o seu.

    Dende a compañía de Teatro Caracol aseguran que a experiencia foi moi enriquecedora e agardan poder repetila no futuro.

    O vindeiro 22 de decembro a asociación volverá a poñer en escea a obra co fin de que poidan disfrutar dela todos aqueles que non tiveron a oportunidade de facelo no seu día. O lugar todavía está por decidir aínda que probablemente sexa o Instituto Asorey.

    Redacción Salnés