A falla de ingresos polo paro do marisqueo aboca ó ERTE a varias confrarías do Barbanza

BARBANZA> O paro temporal da actividade marisqueira ante á escaseza de recurso obrigou a varios pósitos arousáns a presentar un ERTE. É o caso das confrarías de Rianxo, Cabo de Cruz, A Pobra e Noia.

Nesta última, ós 64 traballadores afectados trala suspensión da campaña súmanse agora sete vixilantes e dous técnicos de laboratorio. En Cabo de Cruz, dos vixilantes con que contaba a confraría, a tres se lles rescindiu o contrato e dez acolléronse ó ERTE xunto con outros dous traballadores da lonxa..

Na Pobra son dous os traballadores que xa se acolleron ó expediente de regulación de emprego pero non se descarta que se sumen outros cinco proximamente. Tamén a confraría rianxeira veuse abocada finalmente a solicitar un ERTE parcial para tres traballadores das oficinas e dous encargados de lonxa.