BOIRO> Detido un veciño de Boiro por un presunto delito de roubo no interior dun vehículo e trece furtos. O home actuaba en diversas praias do Barbanza, aproveitando o descoido dos bañistas para subtraer as súas pertenzas.
A Garda Civil de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito de roubo e 13 furtos e varias praias da comarca do Barbanza. Os feitos, que espertaron gran alarma social, aconteceron nos meses de xullo e agosto en distintos areais de Boiro e Rianxo
Ante as denuncias dos afectados, especialmente turistas ós que lle foran subtraídas as chaves dos seus coches ou residencias de verán, os axentes da Garda Civil iniciaron unha investigación para esclarecer os feitos. Lograron identificar ó autor que cometía os roubos aproveitando os descoidos dos bañistas subtraéndolle bolsos e outras pertenzas. De feito, foi sorprendido in fraganti mentres actuaba no areal boirense de Praia Xardín.
Trala súa detención foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira que decretou o seu ingreso en prisión sen fianza. Está acusado dun roubo no interior dun vehículo do que levou 1500 euros e 13 furtos en praias e locais hostaleiros. O importe total dos furtos ascende a 1500 euros, 5 móbiles e diversas chaves de vivendas e vehículos.