Política Social inviste máis dun millón de euros na ampliación da residencia de AMICOS

BOIRO> A Conselleira de Política Social visitou esta mañá as obras de ampliación da residencia de AMICOS, en Boiro. O departamento autonómico destinou 1’2 millóns de euros a esta actuación que permitirá ampliar a capacidade do centro con 25 novas prazas.

As instalacións que a asociación AMICOS ten en Comoxo seguen a medrar. Xa están en marcha as obras de ampliación do centro social e da residencia que permitirán crear 25 novas prazas que se suman ás 37 existentes na actualidade.

Esta achega enmárcase na orde de axudas da Xunta para a construción ou remodelación de centros de titularidade social, da que resultaron beneficiarias dez entidades.

Ademais das obras, Política Social financiará a creación das novas prazas públicas. Destaca tamén a liña de axudas para a adquisición de vehículos adaptados das que tamén se beneficiou AMICOS coa compra de dúas unidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí