Volven as protestas ó Colexio O Piñeiriño de Vilagarcía

    Volven as protestas dos pais e nais do Colexio O Piñeiriño de Vilagarcía. Os proxesnitores queren que se manteña o profesor de apoio dunha aula de infantil ou se desdobre a unidade. Este mediodía concentráronse ás portas do centro educativo. A historia repítese no colexio vilagarciá do Piñeiriño. O ano pasado, un gruipo de pais, apoiados pola ANPA do centro, iniciaron mobilizacións para reclamar que se puxese un profesor de apoio ou se desdobrase a clase de quinta de infanti´l, que conta con 24 alumnos. Unha cifra próxima á ratio máxima, e onde hai nenos con necesidades especiais. As protestas deron o seu fruto, e Xefatura territorial de Educación concedeu un profesor de apoio. A dúbida que teñen agora estes pais e nais é sobre o próximo curso, non saben qué pasará, e Educación non lles confirma se seguirá o docente ou desdobrarán a aula. O próximo ano, xa lles confirmaron desde o colexio, ademáis esta aula en concreto pasará de 24 a 25 alumnos, superando xa a ratio máxima. Paralelamente ás peticións dos pais, o centro tamén enviou un escrito á administración preguntando por este asunto, pero, polo momento, non obtivo tampouco resposta. Así que, mentras tantO… Estes pais e nais aseguran que continuarán coas mobilizacións polo ben dos seus fillos, ata que non teñan resposta desde Educación.