NOIA> O Club SKT, en colaboración co Concello, organiza a terceira edición do Memorial Tono da Silva, co que pretenden homenaxear a figura dun dos fundadores do Club, impulsor do boxeo na localidade.
A velada desenvolverase este vindeiro sábado nas instalacións do Sociedade Liceo, a partir das seis e media da tarde.
Ese día subirán ó cuadrilátero numerosos boxeadores locais, con distintos combates, entre eles dous títulos en xogo de neoprofesionais, boxeo feminino e e o agardado debut de Silvestre Gómez, que se estrea no boxeo profesional.
As entradas xa se poden adquirir de xeito anticipado nos locais colaboradores coa velada, cun prezo anticipado de dez euros.





