23 millóns de euros para a autovía Vilagarcía-Pontevedra

    ORZAMENTOS_XUNTA copia.jpgSALNÉS> As contas da Xunta para o 2011 destinan á comarca preto de 32 millóns de euros, a meirande parte para infraestruturas viarias.

    {flowplayer}images/salnes/PP_ORZAMENTOS.flv{/flowplayer}

    Dos preto de 32 millóns de euros consignados ó Salnés, A Xunta destinará, a través da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, 23 millóns para a construción da autovía Vilagarcía – Pontevedra, e o seu enlace coa do Salnés a través do nó de Curro. Tamén se realizarán varias reformas para a mellora da seguridade viaria en estradas de Ribadumia e destinaranse 720.000 euros á execución do vial de acceso ó porto do Xufre na Illa, xa en marcha. A consellería de Agustín Hernández tamén investirá na Estación de Augas Residuais de Ribadumia, no plan sectorial de saneamento de Valga ou a mellora da automatización da presa do río do Con en Vilagarcía.

    No tocante a outras consellerías, Mar prevé executar melloras no porto de Tragove, na zona de Cambados, financiar a asistencia técnica para ampliar o peirao do porto do Grove, ou investir no acceso ó de Vilanova. Educación reserva 50.000 euros para a construción dun novo colexio en Vilalonga, Cultura contempla un albergue de peregrinos en Pontecesures, e Presidencia os novos xulgados de Vilagarcía e Cambados.

    Redacción Salnés