David Cal presenta en Pontevedra a súa páxina web

PONTEVEDRA> O padexeiro David Cal compareceu en rolda de prensa esta mañá para presentar a súa nova páxina web: www.davidcal.com. A sede de Turismo Rías Baixas acolleu o acto no que participaron entre outros personalidades, o presidente da Federación Española Juan José Román Mangas.

{flowplayer}images/salnes/DavidCal_271010.flv{/flowplayer} 

O cuádruple medallista olímpico David Cal presentou hoxe en Pontevedra a súa nova páxina web, davidcal.com, un portal que segundo indicou, pretende fomentar e dar a coñecer un poquiño máis o mundo do piragüismo. O padexeiro confesou que o pasou moi ben durante a rodaxe do spot promocional. 

David Cal tamén quixo falar sobre o seu actual estado de forma. Despois de dous anos a medio gas, o de Aldán comeza a prepararse para o seu vindeiro gran obxectivo, os Xogos de Londres, en 2012. 

Xunto a el, no seu equipo de adestramentos, atópanse dous padexeiros do Salnés: Yeray Picallo e o grovense Tono Campos, que segundo Cal, serán pezas clave para a mellora do seu rendemento.

O canoísta non quixo amosar ningún exceso de confianza e afirmou que manter o nivel nos seguintes Xogos será complicado. Con todo, di que seguirá a traballar duro para acadar a súa quinta medalla olímpica.

Redacción Salnés