O proxecto Repoblar achegará Internet ó rural

    louzanfotocopia.jpgMEIS> O proxecto permitirá realizar a conexión a través de ondas de radio en todas aquelas zonas que tiñan dificultades para conectarse.

    {flowplayer}images/salnes/Conexion_wimax_meis.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Presidente da Deputación presentou o proxecto Repoblar co que se pretende achegar a conexión a internet ás zonas do rural de toda Pontevedra. En total 55 dos 62 concellos da provincia están incluídos neste proxecto. Repoblar cubrirá antes de rematar este ano ó 95% da poboación dos 55 concellos adheridos.

    Hoxe facíase a conexión do primeiro usuario deste rede. Un veciño de San Martiño de Meis. Éste é o proxecto máis ambiciosa da Deputación no período 2007 – 2011. Con él preténdese achegar esta rede sen fíos a por ondas de radio a un gran número de cidadáns, pensando sobre todo naqueles que como Ramón non tiñan máis posibilidades de conexión que a telefonía móbil.

    A Deputación adxudicou este proxecto ó operador Iberbanda que será o encargado de levalo a cabo. A instalación faise nunha hora, ten un custe de 59 euros en lugar dos 350 que custaba antes e a cuota mensual por un mega é de 17 euros.

     

     Redacción Salnés