As centrais sindicais fan un chamamento á participación no 1-M

     SALNÉS> Na rúa, división de opinións sobre o impacto que no goberno central poden ter as moblizacións cidadáns.

    {flowplayer}images/salnes/PreviaDiaTraballador_300413.flv{/flowplayer} 

    Dende os principais sindicatos din que é agora ou nunca. Hai que facerse escoitar ante as medidas impostas polo goberno de Mariano Rajoy en materia económica. Os recortes en dereitos e prestacións de servizos sociais e a nova subida de impostos centrarán boa parte das protestas que mañá se van vivir nas principais cidades galegas.

    Se ben dende os sindicatos chaman á participación masiva da cidadanía para facerse escoitar, a pé de rúa son poucos os que afirman que acudirán, malia compartir as causas das protestas.

    En cidades como Pontevedra nin a crise fixo que os sindicatos se uniran para manifestarse xuntos. Haberá tres mobilizacións: a de CCOO e UXT, que sairá ás 12:00 da Peregrina, a da CIG que terá como punto de encontro a Ferrería tamén ás 12 horas. Dende o mesmo punto, ás 12:45 sairá a da CGT.

    Esta división entre sindicatos tamén se vivirá nas mobilizacións de Vilagarcía de Arousa. A CIG sairá ás 11:00 da Casa do Mar, dende o mesmo lugar vaino facer a CNT pero ás 12:00, mesma hora para a que están convocados diante de Ravella os simpatizantes de CCOO e UXT.

    Redacción Salnés