![]()
VILAGARCÍA> O Hospital do Salnés comezará o vindeiro luns a apertura gradual do terceiro andar que acollerá as unidades de Cirurxía Xeral, …
{flowplayer}images/salnes/hospital_salnes_3_andar.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O Hospital do Salnés comezará o vindeiro luns a apertura gradual do terceiro andar que acollerá as unidades de Cirurxía Xeral, Hospitalización Polivalente, Coidados Paliativos e Infecciosos.
Segundo informa o hospital, a posta en funcionamento asistencial iniciarase coa ocupación de 16 camas de Cirurxía Xeral, emprazadas en 8 habitacións dobres e estenderase paulatinamente, en función das necesidades asistenciais, ata completar a capacidade total deste novo andar, que alberga 32 camas. Para o inicio da actividade nesta unidade de hospitalización, o Sergas contratou 14 novos efectivos, unha supervisora, sete enfermeiras, e seis auxiliares de enfermería, amais de tres novos celadores.
Tamén instalou unha rede WiFi no terceiro andar do Hospital, que se prevé estender nos vindeiros meses a todo o centro. Isto permitirá ós profesionais acceder á historia clínica electrónica dos pacientes. Ademais, os carros de enfermería tamén están informatizados para acceder á información clínica e á confirmación da administración das medicacións ós pacientes.
A apertura gradual do terceiro andar compleméntase cun plan de mellora da área de hospitalización de Obstetricia, que converterá en individuais un total de 10 habitacións desta especialidade emprazadas no primeiro andar.
Redacción Salnés







