O BNG acada unha axuda para o pazo de Goiáns nos orzamentos do estado

    emendagoians.jpgBOIRO> O Ministerio de Cultura achegará unha partida de cincocentos mil euros para a rehabilitación do pazo de Goiáns.

    {flowplayer}barbanza/emendagoians.flv{/flowplayer}

    A subvención enmárcase nun paquete de emedas presentadas polo BNG ós orzamentos do estado de 2011 que foron aprobadas na comisión do Congreso dos Deputados.

    Agora, a intención do executivo boirense é comezar a deseñar as actuacións nas que se investirán estes fondos que se suman ós xa achegados pola Deputación no lan de Cooperación cos concellos.

    O alcalde amosouse moi satisfeito coa concesión desta axuda que contribuirá a iniciar a posta en valor do contorno do Pazo de Goiáns.

    Aínda así, insistiu en que o pazo precisa unha rehabilitación integral polo que quedan moitas portas ás que chamar para conquerir as subvencións necesarias.

    Redacción Barbanza